top of page

As incidencias relacionadas coa meteoroloxía van en aumento ata superar as 200 intervencións

Ecos da Comarca/Xeral

En total, son 213 as incidencias rexistras en Galicia que teñen que ver coa meteoroloxía adversa, sobre todo nas estradas, onde se rexistran accidentes de tráfico, árbores caídas e alagamentos puntuais. Ademais, o 112 lembra que continúa activo o Plan Inungal para o control e seguimento do caudal dos ríos, pois persiste o risco de desbordamentos puntuais.

Desde as 00:00 horas do día de hoxe, o 112 Galicia ten contabilizadas 213 incidencias relacionadas co episodio de chuvia, que está a afectar á comunidade, e máis concretamente ao interior da provincia de Pontevedra.


Maioritariamente, as intervencións rexistradas débense á caída de árbores, obxectos nas vías e cables (44, 17 e 9, respectivamente), estradas alagadas ou con bolsas de auga (22), desprendementos de terra e pedras (17), inundacións en vivendas e baixos (10), fochancas (10) e derrubamentos (4).

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Nalgúns casos, as condicións climáticas tamén influíron nos accidentes de tráfico rexistrados, que suman 41, dos cales 28 resultaron sen feridos, 11 con feridos e dous nos que as persoas implicadas necesitaron axuda dos bombeiros.


En canto ao reparto de incidencias por provincias, destacan Pontevedra e Ourense, con 82 e 55 incidencias, respectivamente, e A Coruña e Lugo con 47 e 29.


Entre os concellos con maior número de intervencións, sobresaen A Estrada (9), Ourense (9), Vigo (7), Santiago (6), Lugo (5), Moaña (5), Mos (5), Cambados (4), O Carballiño (4), A Coruña (4), Redondela (4), San Cibrao das Viñas (4) e Tui (4).

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Cómpre indicar que ninguna incidencia tivo consecuencias graves para as persoas, aínda que si debemos mencionar os danos ocasionados nalgunhas vivendas dos concellos ourensáns de Barbadás, Beariz, Rairiz de Veiga e Ribadavia, así como en Moaña, debido á acumulación de auga nas partes baixas das casas.


Continúa activo o Plan Inungal

Neste senso, continúa activo o Plan Inungal en fase de preemerxencia, que serve para o control e seguimento do caudal dos ríos, xa que poden experimentar subas pronunciadas e desbordamentos puntuais. Arestora, o foco está posto nos seguintes cursos:

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Na provincia de Coruña: Mero (Cambre), Río Grande de Xubia (San Sadurniño), Sar (Ames), Barcés (Abegondo), Tambre (Oroso e Trazo) e Mandeo (Coirós); na de Pontevedra: Lérez (Pontevedra), Miñor (Gondomar), Maceiras (Redondela), e Gallo (Cuntis); na de Ourense: Miño (A Peroxa, Ourense, Ribadavia, Salvaterra de Miño), Avia (Ribadavia e Leiro), Arnoia (Baños de Molgas e Arnoia), Limia (Bande), Tea (Salvaterra de Miño) e Támega (Castrelo do val e Oímbra); na de Lugo: Rego do Batán (Lourenzá).



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page