top of page

As incidencias relacionadas co temporal Herminia chegan a 1.600

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Xeral

Nun novo balance do 112 Galicia polas incidencias relacionadas co temporal Herminia anotamos 1.600 intervencións ata as 16 horas de hoxe. A maior parte estiveron relacionadas coa caída de árbores, cables, postes e desprendementos de terra e pedras. Tamén se desprazaron obxectos á vía pola acción do vento.


En canto ao reparto por provincias, A Coruña foi a que rexistrou o número máis elevado de incidencias, sumou 612, seguida de Pontevedra con 590, Lugo con 247 e Ourense con 101.

Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Se ben os fenómenos meteorolóxicos en terra finalizaron ou reduciron a súa intensidade, seguíronse producíndose incidencias, especialmente na circulación debido á caída de árbores (777), cables (136), postes (72), desprendementos de terra e pedras (50) e as intervencións realizadas polos equipos de emerxencias para evitar riscos maiores, que alcanzaron as 234. Neste grupo anotamos as actuacións dos efectivos de emerxencias para a retirada e mellora das condicións de elementos susceptibles de caer, como partes de edificios, árbores, cables, etc.


Durante a tarde, ningunha destas incidencias resultou ser importante, aínda que si houbo dificultades na circulación debido ao obstáculos que se poden atopar na vía. De feito, na A-55, ao paso por Porriño e en sentido Tui, caeu unha árbore que intorrompía o tráfico nos dous carrís. Desde o 112 Galicia, avisouse aos axentes da Garda Civil de Tráfico e aos servizos de limpeza e mantemento da vía. Ningunha persoa resultou danada.

O río Ulla hoxe ao seu paso pola Cornella, entre os concellos de Santiso e Agolada. Autor: Ecos da Comarca.
O río Ulla hoxe ao seu paso pola Cornella, entre os concellos de Santiso e Agolada. Autor: Ecos da Comarca.

Igualmente, cómpre lembrar que permanece activo o plan de control sobre o caudal dos ríos (Inungal), e arestora, a vixilancia continúa nestes ríos, que superaron os umbrais. 


Nas comarcas

O temporal que asolou Galicia nas últimas horas tamén deixou numerosas incidencias no municipio silledense, como informa o Concello. Despois do traballo da Policía Local na xornada do domingo, co apoio a outros corpos como os Bombeiros de Deza-Tabeirós, os equipos municipais de traballo de Vías e Obras e de Xardinería traballaron a reo durante a xornada de hoxe para solventar as incidencias máis graves. Ademais de cortar varias árbores (en Lamela, Chapa, Cira, Moalde, Toxa...), tamén se produciron desprendementos en localidades como Cervaña, Refoxos ou Cortegada.


O traballo continuará nos vindeiros días, tamén nas vías municipais, ao atenderse primeiramente as incidencias máis urxentes.


As fortes rachas de vento tamén afectaron a paneis de varios edificios, con intervención dos bombeiros, colectores de lixo, e algún cartel de obra que foi retirado por precaución. O Concello de Silleda decidiu o pasado sábado pechar tódalas instalacións deportivas da xornada do domingo a vista da previsión, e continua apelando a precaución da veciñanza.


Bombeiros de Arzúa

A media tarde, os Bombeiros de Arzúa informaron de que xa levaban 14 intervencións pola borrasca. Tiveron que desprazararse aos concellos de Arzúa, Touro, O Pino e Toques e na maioría dos casos a causa de árbores.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page