top of page

As igrexas de Santiago de Breixa e San Pedro de Ansemil en Silleda abrirán ao público a fin de semana

Será posible gracias ao compromiso veciñal


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda informa de que as igrexas románicas de Santiago de Breixa e de San Pedro de Ansemil abrirán ao público todos os fins de semana, grazas á colaboración de persoas voluntarias destas parroquias. O horario de visita será os sábados de 16:00 a 18:00 horas e os domingos de 11:00 a 13:00 horas. Esta iniciativa pretende facilitar o acceso de visitantes e veciñanza a dous dos enclaves máis valiosos do románico na zona, que integran o chamado “triángulo máxico románico” xunto co Mosteiro de Carboeiro.

ree

A igrexa de Santiago de Breixa destaca pola súa única nave e ábside cadrangular, e por un magnífico conxunto escultórico románico singular en Galicia, con canzorros únicos.


Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Pola súa banda, a igrexa prerrománica de San Pedro de Ansemil, situada moi próxima a Carboeiro, conserva planta basilical de tres naves e tres ábsides, e elementos de grande valor histórico e artístico. Neste templo están ademais o sepulcro dos Condes do Deza e a coñecida como Virxe do Leite.

Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Dende o Concello de Silleda agradécese a disposición das persoas voluntarias destas parroquias, a través do Plan Municipal de Voluntariado, así como a colaboración das entidades parroquiais, por permitir mostrar ao público estes dous monumentos e sumar á oferta patrimonial do municipio, tendo en conta que cada vez son máis as persoas que solicitan acceder a estes templos. “Con esta apertura dos templos contribúese a difusión e posta en valor do amplo patrimonio histórico artístico do municipio de Silleda”, indica a concelleira de Cultura e Turismo, Mónica González.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page