top of page

As festas patronais de Palas de Rei celebraranse este ano sen pedir cota aos veciños

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Laura Moure/Palas de Rei

O alcalde de Palas, Pablo Taboada e a comisión organizadora das Festas Patronais en Palas de Rei, logo da xuntaza mantida pola asociación de festexos para desenvolver as Festas patronais do Ecce Homo os vindeiros días 14, 15, 16, 17 e 18 de setembro, comunican estos días aos veciños da parroquia de Palas de Rei, que este ano, e de forma extraordinaria, motivado tamén pola excepcionalidade da situación que se está a vivir tras dous anos de pandemia que non se solicitará cota aos veciños, como noutros anos.

Tal como se desprende do comunicado “os festexos financiaranse co remante doutros anos, a aportación fundamental do Concello, as subvencións doutras administracións e os anuncios publicitarios”, así como, “agradécese a colaboración prestada a todos os veciños esperando que gocen o mellor posible das festas do Ecce Homo”.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

En días pasados, a comisión organizadora dos festexos patronais, anunciaba que contarán, coas actuacións de: Celtas Cortos, Olympus, Paris de Noia, ademais da celebración do Festival de danza e música tradicional e da celebración do “Día do Neno”, pendentes polo momento, de confirmar a totalidade de actuacións que se desenvolverán ao longo deses cinco días de festa en Palas de Rei.


NOTICIA RELACIONADA:

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page