Celtas Cortos, Olympus e París de Noia actuarán nas festas patronais de Palas de Rei
- Laura Moure
- 23 ago 2022
- 2 Min. de lectura
Celebraránse do 14 ao 18 de setembro e tamén haberá o Festival de Danza Tradicional e un día dedicado aos máis cativos
Laura Moure/Palas de Rei
As festas patronais do Ecce Homo traen a Celtas Cortos e as dúas das grandes orquestras galegas: París de Noia e Olympus a Palas de Rei xunto con outras destacadas actuacións que complementarán a programación festiva que se estende do mércores, día 14, ao domingo, día 18 de setembro, na vila palense. Así o daba a coñecer a comisión organizadora dos festexos patronais, nunha xuntanza de traballo que mantiveron esta mañá, integrada por: a Comisión de Festas, a Asociación Xuventude de Palas, A Asociación Palacio do Rei e o Centro Pedagóxico Aloumiño e o propio Concello
de Palas de Rei.

O mítico grupo Vallisoletano de folk-rok, Celtas Cortos, traerá a Palas de Rei un amplo repertorio dos temas cos que se deu a coñecer, dende 1984 ata a actualidade, consolidándose como un dos grupos revelación do momento e con máis éxito comercial de todos os tempos. En canto as orquestras que van actuar en Palas de Rei, nestes cinco días de Festa, a Comisión Organizadora daba a coñecer os nomes de dúas das principais orquestras galegas, como son Olympus e Paris de Noia, así como, mántense un Festival referente nas patronais de Palas de Rei como é, o Festival de Danza Tradicional que traerá a Palas de Rei diferentes grupos de baile e danza tradicional, e polo que respecta aos máis cativos da casa, terán un día especial adicado a eles, cunha programación especial que desenrolará o Centro Pedagoxico Aloumiño e na que non faltaran diversos xogos e atraccións.
Programación pendente de pechar
Polo momento están traballando na configuración da programación, da que transcendenron estas actuacións. En breve a comisión organizadora dará a coñecer o programa ao completo das Festas en Palas.
Comments