top of page

As Festas de Verán de Silleda provocarán cortes de tráfico e restricións de estacionamento en varias rúas

7 jul
2 min de lectura

As limitacións comezarán hoxe, martes 7 de xullo, coa montaxe das atraccións e escenarios e prolongaranse ata o luns 13


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda informa á veciñanza de que, con motivo da celebración das Festas de Verán 2026 e dos traballos de montaxe das atraccións, escenarios e demais infraestruturas, estableceranse distintos cortes de tráfico e restricións de estacionamento

en varias rúas da vila para garantir a seguridade durante o desenvolvemento dos festexos.

As primeiras restricións comezarán hoxe, martes 7 de xullo ás 15:00 horas, momento no que quedará pechada ao tráfico a rúa Pintor Colmeiro permanecendo así ata a madrugada do luns 13 de xullo.


Tamén desde hoxe quedará pechada ao tráfico a prolongación da rúa Emilio Alonso Paz, permitindo unicamente o acceso aos garaxes.


A partir do xoves 9 de xullo, estableceranse novas restricións. Así, o tramo das rúas Antón Alonso Ríos, Cartaxena e Castrelo permanecerá pechado ao tráfico desde as 15:00 horas do xoves e, posteriormente, desde as 11:00 horas do venres ata o remate do concerto previsto para o domingo 12.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

No caso da rúa Progreso, os cortes realizaranse en distintos momentos: o xoves 9 desde ás 11:00 horas, o sábado 11 a partir das 16:00 horas e o domingo 12 desde ás 17:00 horas.


As rúas Venezuela e Emilio Alonso Paz permanecerán pechadas ao tráfico dende última hora da tarde e as 06:00 horas durante as xornadas do xoves, venres, sábado e domingo.


Durante estes períodos, o acceso estará permitido, sempre que sexa posible, ás persoas residentes e aos vehículos de carga e descarga.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Praza Juan Salgueiro

Así mesmo, e con motivo da montaxe para a XXVI Festa do Lacón, que volta o venres, tamén dende hoxe estará prohibido estacionar no tramo de acceso á praza Juan Salgueiro dende a rúa Outeiro.


O acceso aos garaxes para residentes nesta praza, será pola rúa Alonso Ríos. Desde o Concello solicítase a comprensión e colaboración da cidadanía ante estas limitacións temporais, imprescindibles para garantir o correcto desenvolvemento das festas e a seguridade tanto da veciñanza como das persoas asistentes aos distintos actos programados.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

O Concello de Silleda agradece de antemán a colaboración da veciñanza e persoas visitantes.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page