As festas de San Xoán volven encher de música e tradición O Sisto, en Dozón
- ecosdacomarca

- hace 18 horas
- 1 min de lectura
Esta parroquia celebra os seus festexos esta fin de semana e o 24 de xuño
Ecos da Comarca/Dozón
A parroquia de O Sisto, no concello de Dozón, celebrará hoxe e mañá, 20 e 21, e o 24 de xuño as súas tradicionais festas na honra a San Xoán, cun programa que combina actos relixiosos, música en directo e animación para todos os públicos.

A programación arranca hoxe, sábado 20 de xuño, cunha misa cantada e procesión ás 13:00 horas. A continuación haberá sesión vermú coa Discoteca Pirámide XL. Pola noite, a verbena estará protagonizada pola coñecida Orquestra Olympus, acompañada da Discoteca Móbil Pirámide XL con Marcos Kintana.
Mañá, domingo 21 de xuño, a xornada comezará tamén ás 13:00 horas cunha misa cantada e procesión. O vermú contará coa actuación do Grupo de Gaitas e do Dúo Arco Iris. Pola noite, a festa continuará coa verbena a cargo do Grupo Fussion, xunto coa Discoteca Móbil Pirámide XL con Marcos Kintana.
PUBLICIDADE
Os festexos rematarán o mércores 24 de xuño, día de San Xoán, cunha misa con procesión ás 13:00 horas e unha sesión vermú amenizada polo solista Antonio Barros.
PUBLICIDADE
A comisión organizadora anima a veciños e visitantes a participar nestas celebracións, que cada ano reúnen a numerosas persoas arredor da música, a tradición e a convivencia nunha das citas festivas máis destacadas do municipio de Dozón.








Comentarios