top of page

As facturas levantadas no pleno extraordinario de Rodeiro ascenden a 178.000 euros

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

"Aínda que convén destacar máis de 140.000 euros destinados exclusivamente ao transporte de zahorra en período preelectoral", recalca o goberno actual


Ecos da Comarca/Rodeiro

Este venres tivo lugar en Rodeiro unha sesión extraordinaria para abordar entre outros temas, tal e como indica o equipo de goberno, formado polo PSOE e Unidade por Rodeiro, o pago de facturas atrasadas, como por exemplo un pago de facturas dun convenio co Concello de Dozón no ano 2021 por un valor de 5.000 euros, e posteriormente no 2022 outros 5.000.

"As facturas levantadas nesta sesión plenaria ascenden a 178.000 euros, aínda que convén destacar máis de 140.000 euros destinados exclusivamente ao transporte de zahorra en período preelectoral, onde no primeiro semestre do 2023 se abonaran máis

de 40.000 euros polo mesmo servizo, onde o goberno conformado por Unidade por

Rodeiro e PSOE pediulle explicacións detalladas a dito proveedor sobre os servizos

prestados, onde o único que trasladou foi que a portavoz actual do PP, tiña constancia de ditas facturas e servizos, pese a iso o goberno actual do concello non sabe onde se encontra esa cantidade de zahorra administrada, dado que atopamos unha desfeita no rural", sinalan.


Estas facturas, apuntan, "non explican o concepto dos traballos realizados nin o seu destino. A maiores os informes xurídicos destacan un presunto fraude artellado polo Partido Popular con fins de que este puidera revalidar a Alcadía de Rodeiro. Cabe destacar que o equipo de goberno actual abstívose na votación do pago destas facturas deixando nas mans do Partido Popular a responsabilidade do pago destas facturas xa que son meros responsables e deberían ser quen respondan ante a cidadanía e os seus votantes e non responsabilizar única e exclusivamente ao anterior equipo de goberno".


"Dende o goberno de coalición creemos que o día de hoxe é un punto e a parte na historia de Rodeiro debido a que se deixa atrás anos de despilfarro e mala xestión por parte do Partido Popular e o grupo de coalición actual non vai nin quere ser partícipe deste festín".


Publicidade

Preme na imaxe para contactar con nós.

Sinala así que Rodeiro pode dar por concluído o pago de facturas de anos anteriores e abre unha nova etapa "onde o remanente quedou significativamente mermado, pasando de

1.600.000 a 1 de xaneiro do ano 2023 a unha vez executado estes últimos pagos dado que hoxe se recoñecen 178.782,60 en pagos do ano 2021, 2022 e 2023 e onde se levou a cabo unha modificación de crédito para cofinanciar obras de 181.390,87 euros. Polo tanto, o remanente a día de hoxe diminúe a unha cantidade de 727.226, 53 euros, isto ven a dicir que a decisión tomada de non executar os proxectos presentados polo PP en diferentes aldeas, pois si non o concello quedaría nunha situación moi crítica economicamente".


En definitiva, apunta o equipo de goberno, "gastáronse en período preelectoral preto de 900.000 euros do remanente actual coa finalidade de gañar unhas eleccións, máis a cidadanía non se deixou enganar por estas políticas caciquís".

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

ILUMINADOS

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page