top of page

As edís do PSOE e Teresa Varela saen do pleno de Lalín ante a imposición do rueiro e incumprir o acordo

Ecos da Comarca/Lalín

O grupo municipal socialista de Lalín e a edil non adscrita Teresa Varela abandonaron onte pleno no debate das modificacións do rueiro por considerar de que se faltou ao acordado.


 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Lembran que no pleno pasado se aprobou unha moción de CXG, na que se instaba á oposición a presentar propostas e negocialas. A xunta de voceiros foi convocada con toda a celeridade e cada grupo da oposición chegou coas súas propostas.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

"O primeiro incumprimento é que “chegamos a unha reunión na que a proposta do Partido Popular era pechada e inamovible”, destacan Alba Forno e Teresa Varela.

Engaden que o goberno “fixo o paripé” de anotar as propostas da oposición, pero a

realidade é que “quedaron en papel mollado”. Engaden que a oposición se

comprometeu a preparar os expedientes das súas propostas para “alixeirarlles o

traballo, pero nin así o tiveron en conta”.

PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O segundo paso era convocar outra xunta de voceiros para negociar cales se engadirían, “pero decidiron saltala e chegar xa ao pleno e aproveitarse da súa maioría”. Convocaron as Comisións Informativas o luns, “nas cales aínda non tiñamos a documentación”, e logo meteron por urxencia o expediente de cada rúa “facilitándonolo á oposición o martes”.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Varela e Forno recalcan que en ningún momento “nos cerramos a consensuar, pero

incumpriron todo o que se acordou e non podíamos participar deste show”.

PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Engaden que consideran que imponer os cambios implica que “se hai un cambio de goberno, haberá rúas que muden de nome por faltar a ese consenso, e polo tanto, unha vez máis, non pensan nos veciños e veciñas”.

IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page