top of page

As comarcas hoxe, 24 de xullo, en alerta amarela por choiva e tormenta

Ecos da Comarca/Xeral

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia informou da activación dun episodio de fenómenos meteorolóxicos adversos por choivas e treboadas de nivel amarelo que afectará a boa parte da comunidade entre este venres 24 de xullo e a madrugada do sábado 25.

Segundo o aviso emitido a partir da información facilitada pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), a alerta estará activa desde o mediodía de hoxe venres 24 ata a primeira hora do sábado 25 de xullo.

As zonas afectadas son:

  • A Coruña: Norte e Interior (polo tanto as comarcas de Arzúa e Terra de Melide)

  • Lugo.

  • Ourense: Noroeste e Montaña de Valdeorras.

  • Pontevedra: Interior (Comarca de Deza).

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

A previsión indica que a precipitación acumulada nunha hora poderá superar os 15 litros por metro cadrado. Ademais, as tormentas poderán ir acompañadas de sarabia e refachos moi fortes de vento.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Desde Emerxencias Galicia lembran que un aviso de nivel amarelo por tormentas implica a previsión de fenómenos localmente fortes, coa posibilidade de que se rexistren episodios de maior intensidade de forma puntual.

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior recomenda ás administracións e á cidadanía adoptar as medidas preventivas necesarias e permanecer atentos á evolución da situación meteorolóxica. En caso de emerxencia, debe chamarse ao 112.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page