top of page

As comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa en alerta por temperaturas que superarán os 34º

Laura Moure/Xeral

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia activou unha alerta por fenómenos meteorolóxicos adversos debido ás altas temperaturas previstas para este martes, 23 de xuño. Segundo a información facilitada pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), establécese o nivel laranxa en varias zonas da comunidade, onde os termómetros poderían alcanzar valores moi elevados.

O aviso de nivel laranxa (risco importante) estará vixente desde o mediodía ata a noite no noroeste e na comarca do Miño, na provincia de Ourense, onde se prevén temperaturas máximas de ata 39 graos.


Ademais, activarase o nivel amarelo noutras áreas de Galicia. No sur de Lugo e na comarca ourensá de Valdeorras poderían rexistrarse ata 38 graos; no centro de Lugo (comarca da Ulloa), na montaña e sur de Ourense e no interior de Pontevedra (Deza) agárdanse máximas de 36 graos. Pola súa banda, o interior da provincia da Coruña (Comarca de Arzúa e Terra de Melide) e a montaña lucense poderían alcanzar os 34 graos.


 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Ante esta situación, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior recomenda extremar as precaucións, especialmente entre a poboación máis vulnerable, como persoas maiores, menores e persoas con enfermidades crónicas. Tamén aconsella evitar a exposición prolongada ao sol nas horas centrais do día, manter unha boa hidratación e seguir as indicacións das autoridades.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe e contacta con nós!
Preme na imaxe e contacta con nós!

Desde o organismo autonómico solicítase ás administracións locais e aos servizos de emerxencias que adopten as medidas preventivas necesarias e permanezan atentos á evolución da situación meteorolóxica.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page