top of page

As carreiras do GTR Galaico Trail Run da pasada fin de semana

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Deza

O sábado 30 o Galaico Manu Gómez participou na dura proba do Trail Minero Santa Bárbara Hunosa, moi preto da localidade asturiana de Mieres del Camín. Enfrentouse os 42 k. con 2400m. de  desnivel positivo ca característica principal de que atravesan literalmente varios pozos mineiros, de aí o imprescindible uso do frontal. Rematou no posto 35º de 175 o primeiro Galego da proba que contou con participantes de alto nivel como Raúl Criado ou Oihana Kortazar.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Tamén ese día un bo número de traileiros Galaicos fixeron unha saída para adestrar en Quiroga polos montes do Courel ata o cume de Pía Paxaro a 1600 m de altitude. "O domingo participou un dos nosos corredores veteranos; Cristofer Gait na distancia de 18k no ll Trail do Cervo, unha carreira que recorre os montes de Campo Lameiro e Cerdedo-Cotobade, cun percorrido moi fermoso e cunha organización de dez que cada ano vai a máis, da que forma parte o noso socio David Domínguez. Parabéns a tod@s!!!", sinala o Galaico Trail Run.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page