Arzúa acolleu a 40 edición da Mostra Galega de Apicultura
- Laura Moure
- hace 13 horas
- 1 Min. de lectura
Durante a cita rendéronlle un recoñecemento especial a José Luis Meijide Vilariño e a Xoán Xesús Carril
Laura Moure/Arzúa
O Edificio Multiusos “Terra do Queixo” de Arzúa acolleu este sábado a cuadráxésima edición da Mostra Galega de Apicultura, organizada pola Asociación Galega de Apicultura (AGA), que unha vez máis escolleu esta localidade como sede desta cita esencial para o sector.
Publicidade
"Desde o Concello de Arzúa queremos agradecer á AGA que siga confiando no noso municipio, que sempre terá as portas abertas para iniciativas que fortalecen o rural, o produto local e a divulgación científica e técnica".

Con máis de 1.500 persoas asociadas en toda Galicia, a AGA aproveitou esta edición tan sinalada para facer un recoñecemento especial a dúas persoas socias pola súa traxectoria e compromiso coa asociación: José Luis Meijide Vilariño, membro dende os inicios do colectivo, e Xoán Xesús Carril, tamén socio de AGA e actual alcalde de Arzúa.
"Desde o Concello reiteramos a nosa noraboa á organización e a todas as persoas que participaron nesta nova edición dunha mostra que xa forma parte da identidade do noso territorio".
Comments