top of page

Arrancaron as obras do peche perimentral do CEIP da Martagona de Melide

Ecos da Comarca/Melide

Este mércores arrancaron as obras do peche perimentral do CEIP da Martagona de Melide. Cabe lembrar que debido ao mal estado que presentaba, o alumnado este curso académico aínda non puido saír ao patio durante os recreos, algo que decidiron dende a comunidade educativa para evitar calquera tipo de risco debido á perigosidade que presentaba.

ree

O pasado 6 de novembro, o PP de Melide informou de que a Xunta arranxará o peche do colexio en toda a rúa Martagona mentres que instaba ao Concello á reparación do mesmo no treito da rúa Santiso. Toda a información no enlace: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-pp-de-melide-informa-que-a-xunta-arranxar%C3%A1-o-peche-do-colexio-en-toda-a-r%C3%BAa-martagona


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Pola súa banda, o 12 de novembro, a deputada do BNG na comarca da Montaña, Iria Carreira, urxiulle ao PP o arranxo do valado do Centro de Educación Infantil e Primaria Martagona de Melide, e criticou "a falta de compromiso do goberno de Rueda co arranxo das deficiencias do resto de centros educativos do Concello". Toda a información no enlace: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-bng-urxe-a-reparaci%C3%B3n-do-valado-do-ceip-martagona-de-melide


Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Mentres a ANPA do centro educativo alégrase de que comezasen os traballos. "Estamos todas contentas porque era o que queriamos. A ver se comezan a facer o muro novo pronto", sinalou onte a este medio unha das nais que forman parte da ANPA, Celia Iguarán.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page