Ecos da Comarca/Palas de Rei
O Concello de Palas de Rei iniciará a vindeira semana a campaña de desbroces de marxes de vías municipais. Estas actuacións abarcarán os máis de 400 quiilómetros de vías municipais asfaltadas e máis de 100 de camiños agropecuarios ou de servizo de fincas. O Concello empregará para isto os dous tractores desbrozadora dos que dispón o ente municipal e invertirá perto de 80.000 euros na realización dos traballos. O alcalde, Pablo Taboada, destaca a importancia destes traballos á hora de manter a seguridade nas diferentes vías de titularidade municipal.
Neste caso, o rexedor destaca o “esforzo extraordinario que ten que facer o Concello de Palas, derivado do encarecemento no prezo nos combustibles, que repercute no aumento dos custes na prestación deste tipo de servizos”. A súa vez, manifesta que “instará ao equipo de goberno da Deputación Provincial lucense formada por socialistas e nacionalistas a que realicen os desbroces na época de primaveira, en vez, de facelo entrado o inverno, como fixeron en anos anteriores”.
Comentarios