top of page

Arrancan as obras de mantemento do viaduto da autoestrada Dozón-Ourense (AG-53) sobre a A-52

Nesta segunda fase da intervención prevese un primeiro corte de calzada completo o luns 19 de xaneiro, que terá unha duración de entre 3 e 4 días


Ecos da Comarca/Dozón

As obras de mantemento do viaduto da autoestrada Dozón-Ourense (AG-53) sobre a A-52 farán necesarias novas afeccións ao tráfico a partir deste luns, día 19 de xaneiro, no marco dos traballos de renovación e mellora dos apoios do taboleiro sobre as pilas do viaduto, os cales requirirán o izado do taboleiro.

Foto arquivo dunha estrada.
Foto arquivo dunha estrada.

Trátase da segunda fase da intervención, na que se procederá ao izado do taboleiro do viaduto e á execución dos traballos de renovación e mellora de apoios do taboleiro sobre os capiteis das pilas. Durante esta actuación, cuxa duración se estima entre 2 e 4 días laborables, será necesario realizar o corte total da calzada e a habilitación do correspondente desvío previsto para hoxe.


Así, ambas as fases deberán repetirse para cada un dos 5 apoios do viaduto, polo que se estima que as obras remataran ao longo desta próxima primavera.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Segundo a planificación dos traballos, durante todo o período de execución dos traballos manterase cortado o carril da AG-53 entre o quilómetro 86,5 e a conexión da AG-53 coa A-52 e a OU-402, e estímase que cada 2 semanas producirase un corte de calzada de 3 a 4 días de duración cada un deles, para o que se habilitarán os correspondentes desvíos.


Durante a execución das obras, tanto na AG-53 como na AG-54 e no enlace de Maside dispoñerase da sinalización oportuna para orientar aos usuarios da vía a través do itinerario alternativo indicado.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Percorridos alternativos:

Desde O Carballiño (AG-54): https://maps.app.goo.gl/sRLgSyR293GwNe8x6


Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Este novo contrato da Xunta enmárcase no programa pioneiro da Xunta de inspección das vías e das obras de paso, para preservar a seguridade dos usuarios das infraestruturas viarias e alongar a vida útil con accións de conservación preventiva



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page