Arqueocolmeiro I (Silleda): a divulgación do Patrimonio a través de proxectos educativos
- ecosdacomarca

- hace 44 minutos
- 3 Min. de lectura
Artigo escrito polo xeógrafo lalinense Antonio Presas
Antonio Presas/Silleda
ARQUEOCOLMEIRO I (SILLEDA: A DIVULGACIÓN DO PATRIMONIO A TRAVÉS DE PROXECTOS EDUCATIVOS
Nota aclaratoria: "Todo o que se mencione e explique ao longo de sucesivos artigos está baseado no que aportaron os autores orixinais ao Congreso de Arqueoloxía Deza-26 (CAD-26), pero desde un punto de vista persoal e iso implica certo subxectivismo", sinala Antonio Presas,
A CONTRIBUCIÓN DO IES COLMEIRO DE SILLEDA A DIFUSION E DIVULGACIÓN DO PATRIMONIO
"Os continuos e constantes traballos relacionados co Patrimonio, realizados polo IES Colmeiro de Silleda, foron presentados, no CAD-26, polo profesor (antropólogo) Xoán Carlos García Porral (conferencia) e por varios alumnos participantes (panel-comunidado).
Non resulta fácil detallar e sintetizar nun artigo das características deste, todo o enorme traballo realizado polo mencionado profesor no IES Colemeiro, pero, a modo de sintese, segundo o exposto no Congreso de Arqueoloxía de Deza 2026, pode resumirse no seguinte:

1- O traballo de microtoponimía.
A toponimía (microtoponimía cando se refire aos nomes de pequenas partes do territorio: prados, leiras , devesas, regatos, fontes, penedos, camiños, brañas, outeiros, .....) é o resultado da humanización do espazo no que vivimos e ao que se lle pon un nome específico. Un aspecto moi importante a ter en conta é a súa pervivencia e os cambios que experimenta.
Os alumnos do IES Colmeiro de Silleda, dirixidos polo profesor Xoán C. Porral recolleron todos os topónimos e microtopónimos que puideron ao longo dun curso, estudiaron o seu significado e dixitalizáronos nun mapa interactivo. A maiores, publicaron un libro con toda a toponimía parroquia a parroquia.
PUBLICIDADE
2- Mitoloxía de Trasdeza.
Coas lendas, fixeron de forma similar. Recolleron un total de 192 lendas e, tamén, as dixitalizaron cartograficamente. A importancia das lendas é indisicutible á hora de comprender a esencia espitritual dun pobo, porque as crenzas forman parte da nosa cultura e esta non se pode entender sen as lendas.
3- O petróglifo de "As Ferreiras"
O IES Colmeiro está ubicado nun sitio denominado "As Ferreiras" e de aí tomaron o nome para unha composición rupestre, que grabaron os alumnos do Instituto, nun penedo de ortoneis a imitación das estacións de Arte Rupestre que hai no concello de Silleda: Primadorna, Pena Longa, Chao de Petos, Pena das Cazolas, Penedo do Encanto, Transfontao, Coto dos Outeiros... O traballo realizado atópase dentro do recinto escolar e foi dirixido polo profesor Porral e o arqueólogo Victor García Piñeiro.
4- Elaboración de cerámica da Idade do Bronce
De novo o alumnado do Centro, dirixido polo singular antropólogo C.G. Porral e coa colaboración eficiente do arqueólogo Victor G. Piñeiro de CADO Arqueoloxía, reproduciron modelos de cerámicas prehistóricas seguindo, en todo o proceso, unha metododoxía específica, con decoración e cocción final.
PUBLICIDADE
Estas multiples iniciativas teñen un valor extraordinario polo seu caracter didáctico e pedagóxico, pero requiren un traballo suplementario moi grande para quen se encargue da súa realización, por iso nos once centros de Primaria e catro de Secundaria que hai nos seis concellos da Comarca de Deza, unicamente se desenvolveron este tipo de actividades en Silleda.
O IES Colmeiro converteuse nunha obrigada referencia ilustrativa no desenvolvemento deste tipo de actividades, non só na comarca dezá, senon tamén a nivel autonómico".
Antonio Presas, xeógrafo lalinense.








Comentarios