top of page

Ariadna Fernández dimite como concelleira do BNG de Lalín

Ecos da Comarca/Lalín

A deputada nacionalista Ariadna Fernández comunicou este martes que renuncia á súa acta de concelleira do Bloque no Concello de Lalín, un cargo que ocupaba dende os pasados comicios municipais.

Ariadna Fernández.
Ariadna Fernández.

Comunicado de Fernández:

"No día de hoxe veño de presentar a miña renuncia como concelleira de Lalín, cargo que ostento dende as eleccións municipais de maio do 2023. Manifesto o meu agradecemento por todo o apoio recibido no período no que desenvolvín a miña labor como concelleira e non menos importante, recoñezo a grande labor feita polo BNG no ámbito municipal.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Sete anos despois de comezar a miña andaina na política local de xeito activo da man do BNG, e a piques de cumprir 3 como concelleira considero que debo continuar a traballar por Lalín e polo país dende o Parlamento a tempo completo, por unha cuestión de responsabilidade cos veciños e veciñas do concello e da comarca. Empregarei todos

os esforzos no meu traballo como deputada, co obxectivo de elevar as demandas do Deza, Tabeirós e Terra de Montes, do Medio Rural do que eu mesma formo parte e da miña parte da área de Política Social ao debate parlamentar, poñendo as xustas demandas na axenda parlamentar, para mellorar a vida de todas e todos e participar da alternativa que o BNG lle asegura a este país.


É un bo momento para dar un paso ao lado e deixar que o novo ciclo do BNG de Lalín colla camiño, neste caso cunha nova candidata, Mari Fernández, que conta con todo o meu apoio e colaboración, tanto antes e despois, coma durante o proceso ilusionante e cheo de traballo ao que se enfronta e que estou segura de que lle traerá a todas e todos os que confían no proxecto do BNG de Lalín grandes alegrías.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!

É no Parlamento Galego onde a comarca precisa de toda a miña atención, dedicación e de toda a cobertura posible para chegar fortes ás próximas eleccións municipais e ás eleccións ao Parlamento Galego. Estou segura de que, en ámbolos dous casos, daremos un salto cuantitativo e cualitativo, con máis máis representación e máis base social, produto do traballo de todas e todos os que conformamos o BNG no Deza Tabeirós e Terra de Montes".



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page