Arden por completo un alpendre e un comedor anexos a un bar en Abegondo
- ecosdacomarca

- 18 oct
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Arden por completo un alpendre e un comedor anexos a un bar en Abegondo. O 112 Galicia recibiu o aviso minutos despois das 5:30 horas, cando un particular informou de que ardía un alpendre situado xunto a un establecemento hostaleiro á altura do quilómetro 10 da AC-221, no lugar de Orto.

PUBLICIDADE
Ningunha persoa resultou afectada. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a intervención dos Bombeiros de Betanzos e da Garda Civil.
PUBLICIDADE
Os efectivos chegaron con rapidez ao momento e conseguiron controlar o incendio, que calcinou o anexo no que se atopaban a grella e un comedor. As chamas destruíron por completo o mobiliario e a estrutura desta zona. Pouco despois das 7 horas, o lume quedou completamente extinguido.








Comentarios