top of page

Arde unha palleira onde se almacenaban numerosos rolos de herba seca en Lalín

Ecos da Comarca/Lalín

Arde unha palleira onde se almacenaban numerosos rolos de herba seca en Lalín. Os servizos de extinción traballaron durante varias horas para atallar un lume que afectou a un inmoble onde se gardaban uns cincuenta rolos de herba, no lugar de Palmaz, Goiás (Lalín).

Emerxencias Lalín durante as labores de extinción. Autor: Emerxencias Lalín
Emerxencias Lalín durante as labores de extinción. Autor: Emerxencias Lalín

Foi unha das persoas que se atopaba na casa afectada quen, ao fío das 22 horas do venres, explicou ao 112 Galicia que a construción estaba pegada á vivenda.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Ata o lugar desprazáronse Emerxencias Lalín, os Bombeiros de Silleda, así como a Garda Civil.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

Contra as 3:30 horas dábase por rematado o operativo.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page