Arde unha habitación dunha casa en Donsión, Lalín
- ecosdacomarca

- 10 ene 2025
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Lalín
Esta tarde orixinouse un incendio nunha vivenda da parroquia lalinense de Donsión. Non houbo danos persoais.

O 112 Galicia foi alertado por un particular sobre as 16:30 horas. "Indicábanos que había unha casa ardendo na estrada de Lalín a Silleda, en Donsión, e que pensaba que non había ninguén no seu interior", indica o 112.
Con estes datos mobilizou aos Bombeiros de Deza, ao GES e a Protección Civil de Lalín, á Policía Local e á Garda Civil.
Publicidade
"Ardeu por completo unha habitación e non houbo danos persoais, porque efectivamente non había ninguén dentro", informa o 112.







Comentarios