top of page

Arde unha granxa abandonada na parroquia silledense de Moalde

Ecos da Comarca/Silleda

ree
Foto de arquivo.

Este venres produciuse un incendio en Moalde (Silleda), pasadas as 17:00 horas. Un particular informou ao 112 Galicia de que unha granxa abandonada estaba a arder, identificándose el mesmo como o propietario. Igualmente indicou que non había ningunha casa pegada ao recinto nin almacenaba nada potencialmente perigoso no seu interior.


Publicidade

ree
Preme na imaxe para obter máis información!

Os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención dos Bombeiros do Deza para acabar de extinguir o lume xa que, se ben queimara toda a estrutura, aínda quedaba un pequeno foco ardendo.


Publicidade

ree
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Tamén se reclamou a presencia da Garda Civil e a Policía Local de Silleda para levar a cabo unha inspección visual do sitio e poder determinar as causas deste incidente.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page