top of page
Perruquería Marisa.gif

Arde un tractor e un coche nun incendio dun alpendre na parroquia lalinense de Castro de Cabras

Tamén ardeu o teito do galpón e a palla que había almacenada


Ecos da Comarca/Lalín

Esta tarde iniciouse un lume nun alpendre na parroquia de San Pedro de Castro de Cabras, en Lalín, que calcinou un tractor e un coche, ademais do teito do galpón. Pouco antes das tres e media da tarde un particular poñíase en contacto co 112 Galicia para informar dun incendio nun alpendre próximo a unha vivenda do lugar das Tecedeiras, na estrada que une Lalín e Rodeiro.


Así, deseguido, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) notificouse este incendio aos Bombeiros do Deza, á Garda Civil e ao Servizo Municipal de Protección Civil de Lalín.


Cando os medios chegaron ao punto comunicaron que ardía un tractor e un vehículo que estaban no interior do alpendre e que, afortunadamente, non había persoas afectadas.


Ao remate das tarefas de extinción, os Bombeiros do Deza confirmaban que, ademais dos vehículos, tamén se vira afectado parte do teito do galpón e ardera palla que había almacenada dentro.

O coche e o tractor afectado. Autor: Bombeiros Deza.


922 visualizaciones0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page