top of page

Arde a feluxe dunha cheminea no lugar lalinense de Alperiz

Ecos da Comarca/Lalín

O 112 Galicia foi alertado hoxe, sábado, dun lume no lugar de Alperiz, na parroquia lalinense de Parada. Un particular chamou sobre as tres da tarde e na chamada indicaba que saía moito fume da cheminea dunha vivenda.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

O 112 Galicia mobilizou aos Bombeiros de Deza. "Estes indicáronos que cando chegaron, o lume xa estaba controlado tras apagalo os particulares cun extintor", informa o 112 Galicia que ademais, puntualiza que só ardeu a feluxe e que non houbo persoas afectadas.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page