Os servizos sanitarios tiveron que atender a unha das residentes que ten problemas de mobilidade, pero non tivo que ser traslada ao hospital
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O casco urbano de Vila de Cruces rexistrou este domingo, despois do mediodía, un incendio. En concreto, tivo lugar nunha vivenda situada na rúa Manuel Iglesias número 57, tal e como informa Protección Civil da localidade. Ardeu a campana extractora, pero por sorte puideron apagar o lume os propios donos da casa cun extintor. O 112 Galicia recibiu a alerta sobre as 14:30 horas.
"Foi un susto grande porque arriba da cociña está a nai da propietaria da casa que ten mobilidade reducida, pero non tivo ningún problema", sinala Protección Civil.
Por precaución foi atendida polos servizos sanitarios do 061, que desplazaron unha ambulacia, pero non foi necesario trasladala ao hospital. Os bombeiros de Silleda estiveron comprobando se quedara algún cable eléctrico con rescoldos de calor, pero estaba todos ben e mandaron airear a cociña e as habitacións.
댓글