top of page

Aprobado o convenio para mellorar a seguridade viaria na estrada de Botos a Gresande, en Lalín

19 jul
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Lalín

O Concello de Lalín informa que segundo anunciou o presidente provincial Luis López, a Deputación Pontevedra e o propio Concello aprobaron o proxecto de mellora de mobilidade peonil na EP-6001 Lalín-Botos-Gresande. A actuación conta cun orzamento total de 537.000 euros, cofinanciado ao 80% pola institución provincial e ao 20% polo Concello.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Trátase dun proxecto importante para reforzar a seguridade dos veciños e veciñas das parroquias e dos peregrinos que percorren a Vía da Prata, tal e como recalca o goberno local.


Principais actuacións técnicas:

  • Nova senda peonil: construción dunha senda de formigón coloreado cun ancho mínimo de 2,5 metros pola marxe dereita.

  •  Mellora da calzada: renovación integral do firme e reparación de danos puntuais na sinalización.

 PUBLICIDADE

Contacta con nós!
Contacta con nós!
  •   Servizos soterrados: instalación dunha nova rede de drenaxe de augas pluviais e sistema de iluminación soterrado con novas luminarias.

  •  Contorna coidada: substitución das árbores nos alcorques existentes.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page