top of page

Aprobada no Senado a moción presentada por Crespo para lograr a liberalización da peaxe AP-53 entre Santiago e Dozón

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Lalín

O alcalde de Lalín e senador, José Crespo Iglesias, defendeu este xoves na Comisión de Transportes e Mobilidade Sostible da Cámara Alta “a liberalización da peaxe da AP-53 no treito estatal entre Santiago e Alto de Santo Domingo” e equiparalo así ao treito de titularidade autonómica (Alto de Santo Domingo-Ourense), con peaxe en sombra, co obxectivo de “poñer fin ao dobre modelo de xestión que ten esta autoestrada, que non é lóxico” e “rematar coas peaxes abusivas e desproporcionadas nesta vía clave do interior de Galicia”, ao tempo que “constituír un eixo único Santiago-Ourense sen custo para os usuarios”.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Crespo sinalou “tres particularidades da AP-53 que a fan diferente: é a máis cara de Galicia (13,40 € ida e volta e ademais acaba de subir un 5.07€ a 1 de xaneiro de 2024), unha das máis caras de España e a única que non ten ningún tipo de bonificación no conxunto do Estado, o que supón un agravio comparativo para Galicia”. Expuxo Crespo que coa “metade do que custan as bonificacións da AP-9 o Goberno está en condicións de liberar a peaxe a AP-53” co que se contribuiría a “ao equilibrio interterritorial e á vertebración do interior de Galicia; desconxestionaría o tráfico da estrada N-525, e incrementaríanse os niveis de competitividade dos territorios polos que transcorre”.


Referendou que a “liberalización da peaxe da AP-53 debe ser algo estratéxico tanto para a Xunta de Galicia como para o Estado”. Respecto á emenda de modificación presentada polo PSOE nun intento de restrinxila só á aplicación de bonificacións- indicou “que non podemos aceptar a emenda porque estamos todos de acordo en que sexa gratuíta”, tal como defendeu o candidato socialista á Presidencia da Xunta, o señor Gómez Besteiro “que falou de gratuidade íntegra da AP-9 e da AP-53”, no debate o pasado luns, posición coa que coincidiron “os tres candidatos que van á Xunta de Galicia e que teñen opcións (PP, BNG e PSOE)”.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

A moción saíu adiante con 18 votos a favor, 17 do PP e 1 do Grupo Mixto e 13 abstencións, entre elas a do PSOE


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

ILUMINADOS

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page