top of page

Aparece a furgoneta da empresa de Melide que foi roubada na Coruña

Ecos da Comarca/Melide

Onte alertabamos do roubo dunha furgoneta dunha empresa de Melide. Esta estaba estacionada na cidade da Coruña. Hoxe alégranos informar de que apareceu esta mañá.

O vehículo fora aparcado en Monte Alto o venres sobre as oito da tarde. E onte, domingo, foi cando se decataron de que non estaba no lugar. Polo que se alertou de seu roubo a través das redes sociais.


"Foi roubada na Coruña na zona de Monte Alto e apareceu sen o que tiña dentro noutra calle cercana a Monte Alto, hoxe pola mañá", informounos a media mañá o afectado.

"Mil gracias a todos, só temos palabras de agradecemento polas miles de comparticións que fixestes todos. Gracias á cidadanía apareceu. Mil gracias", sinala a empresa melidense a través do seu Facebook.


NOTICIA RELACIONADA:

0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page