top of page

Aparatoso accidente en Bandeira entre un coche e un camión que acabou envorcado

Ecos da Comarca/Silleda

Este xoves, 23 de outubro, produciuse unha colisión entre dous vehículos na localidade silledense da Bandeira. O 112 Galicia foi alertado escasos minutos das tres da tarde.

Un coche e un camión colisionaron hoxe na Bandeira. Autor: Ecos da Comarca.
Un coche e un camión colisionaron hoxe na Bandeira. Autor: Ecos da Comarca.

O suceso ocorreu na N-525 á altura do quilómetro 309 e foi necesario cortar o tráfico debido a que o camión, que transportaba tableiros, quedou envorcado obstaculizando o tráfico e perdendo parte da carga


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O condutor do camión saíu ileso, e no coche viaxaban catro persoas, e dúas delas precisaron asistencia sanitaria, sobre todo polo estado de shock que presentaban.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Ata o lugar desprazáronse Urxencias Sanitarias, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Silleda e o Servizo de Mantemento da Estrada.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page