Antonio Presas, xeógrafo lalinense: "Altri, un monstro para o río Ulla"
- ecosdacomarca

- 6 oct
- 1 Min. de lectura
Artigo do xeógrafo lalinense Antonio Presas
Antonio Presas, xeógrafo lalinense
En ECOS DA COMARCA compartimos este artigo autoría de Antonio Presas, xeógrafo lalinense, sobre Altri.
"ALTRI, UN MONSTRO PARA O RÍO ULLA"
"Cando comparamos o caudal do río Ulla en Ponte Arcediago, onde se recollen os rexistros de aforo da parte da conca alta deste río (a que subministraría auga á Celulosa ALTRI), co consumo industrial de auga na mesma, pronto nos decatamos da gran desproporcionalidade que hai entre as dúas magnitudes: consumo de auga pola fábrica e capacidade do río para manter ese subministro.

O hidrograma do río Ulla en Ponte Arcediago, no que vai deste ano 2025 (xaneiro a setembro), amosa, claramente, que durante o verán e comezo de outono esa actividade é insostible. Un río como "alto Ulla", é incapaz de abastecer unha celulosa que demanda un consumo de auga tres veces máis alto que a súa capacidade de rexeneración.
PUBLICIDADE

Desde comezos do mes de agosto (ano 2025) o caudal do Ulla, no lugar indicado, foi inferior a 1.000 litros/segundo (1metro cúbico/segundo) e o mínimo tivo lugar o 26 de agosto con 542 litros/segundo. Nestas condicións a Celulosa ALTRI non só é insostible, senón, tamén, netamente perxudicial para o sistema fluvial.

PUBLICIDADE
Así que, tendo en conta datos cuantitativos, a Celulosa que queren implantar vilmente en A Vacariza, é unha actuación fora de lugar, totalmente contraproducente, negativa e perxudicial en todos os aspectos. O que non é sostible non é viable".







Comentarios