Antonio Presas: "O Congreso de Arqueoloxía II en Lalín... un gran éxito Cultural"
- ecosdacomarca

- hace 5 minutos
- 2 Min. de lectura
Antonio Presas/Lalín
Compartimos este artigo de opinión do xeógrafo lalinense Antonio Presas sobre o II Congreso de Arqueoloxía de Deza que se celebrou 21 e 22 de marzo en Lalín.
O CONGRESO DE ARQUEOLOXÍA-II EN LALIN... UN GRAN ÉXITO CULTURAL
"Resulta moi sorprendente que se celebre un Congreso de Arqueoloxía en Lalín, por moi céntrica que se localice esta Vila na Xeografía de Galicia, pero a realidade foi esa: "Lalín foi o centro arqueolóxico de Galicia" os días 21-22 marzo 26.

A verdade é que para que teña lugar un acontecemento destas características teñen que darse unha serie de circunstancias altamente favorables e estas van desde o material ao inmaterial.
O primeiro aspecto a ter en conta é que alguén se faga cargo da súa organización e ese traballo botouno a súa "espalda" o vital e incansable arqueólogo Victor G. Piñeiro, contando coa experiencia da organización do Congreso de Arqueoloxía I, celebrado o ano pasado. A organización do evento leva consigo moito traballo, desde a súa propia programación e desenvolvemento, ata a busca dos ponentes adecuados para tal fin.
PUBLICIDADE

O segundo aspecto é contar con medios e recursos para a súa organización. Todo isto puxo a súa disposición o concello de Lalín, que foi un auténtico "mecenas", con independencia dos aspectos políticos inherentes en xogo, como sempre sucede e ben sabemos que sucede.
O terceiro aspecto ben dado pola calidade dos poñentes, que neste caso e sen entrar en detalles, foi de máxima excelencia.
Publicidade
Finalmente hai que ter en conta o nivel de aceptación e a asistencia de público, que acadou cotas moi elevadas.
Así que, debemos agradecer a todos que isto fora posible e que abra o camiño cara a celebración de novos congresos en anos sucesivos.
FELICITACIÓNS".
Antonio Presas, xeógrafo lalinense







Comentarios