Antas de Ulla suspende todas as fogueiras de San Xoán debido ás altas temperaturas
- ecosdacomarca

- hace 30 minutos
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Antas de Ulla
A alcaldesa de Antas de Ulla, Pilar García Porto, asinou este martes un decreto polo que quedan suspendidas todas as autorizacións para a realización das fogueiras de San Xoán previstas para a noite de hoxe no municipio.

A decisión foi adoptada ante a situación meteorolóxica excepcional que está a afectar á comarca, marcada por temperaturas moi elevadas e pola declaración de alerta laranxa por calor, co obxectivo de minimizar os riscos para a poboación e o territorio.
Desde o Concello recoñecen que o San Xoán é unha das celebracións máis arraigadas e agardadas do ano, unha noite de encontro veciñal, tradición e convivencia. Con todo, consideran que as circunstancias actuais obrigan a priorizar a seguridade fronte á celebración.
PUBLICIDADE
A rexedora sinala que se trata dunha medida “responsable e necesaria” para evitar posibles incidentes que poidan afectar ás persoas, ás vivendas, ás explotacións agrícolas ou ao patrimonio natural do municipio.
PUBLICIDADE
O Concello fai un chamamento á comprensión e á colaboración da veciñanza, agradecendo a responsabilidade, prudencia e compromiso demostrados ante unha situación excepcional. Ademais, lembra que haberá novas ocasións para celebrar e manter vivas as tradicións, pero que a seguridade da cidadanía debe situarse sempre por riba de todo.








Comentarios