O luns abrirase o prazo para inscribirse nos cursos de natación
Laura Moure/Antas de Ulla
O Concello de Antas de Ulla abre hoxe, sábado 13 de xullo, as súas piscinas municipais, que estarán abertas ata o 15 de setembro. O horario de apertura é de martes a venres de 12:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas; e sábados, domingos e festivos de 12:00 a 20:00 horas. As instalacións estarán pechadas os luns.
O luns abrirase o prazo para inscribirse nos cursos de natación nas oficinas do concello (o Concello anunciará horarios nas redes sociais). O prazo estará aberto ata o venres 19 ou ata esgotar prazas.
Publicidade
Durante o último ano, o Concello realizou actuacións para a posta a punto das instalacións, que estaban completamente abandonadas. Acondicionouse o entorno destinado aos bañistas e fíxose unha posta a punto completa da maquinaria, incluíndo as pezas e as reparacións necesarias para o normal funcionamiento dos tres vasos das piscinas. Tamén reconstruíuse o peche perimetral.
“O Concello destinou un investimento de 30.000 euros a reparacións, posta en funcionamento e recuperación do entorno, así como o mantemento e funcionamento de tempada de verán", explica a alcaldesa, Pilar García Porto. "Temos unhas instalacións de primeiro nivel e temos a obriga de xestionalas para o uso e desfrute dos veciños e veciñas", engade.
Publicidade
O goberno municipal traballa nunha ordenanza para regular o uso diferenciado das piscinas como instalación de ocio das infraestruturas deportivas. Estará lista o próximo ano e os veciños seguirán contando con bonificacións.
Comments