top of page

Antas aproba o último trámite imprescindible para impulsar o Parque Central de Galicia e axiliza a reforma da Casa da Cultura

Ecos da Comarca/Antas de Ulla

O Concello de Antas de Ulla pechou o ano cun pleno extraordinario para impulsar dous proxectos fundamentais, o Parque Central de Galicia e a reforma da Casa da Cultura.


Publicidade

No primero dos casos, no pleno saiu adiante a aprobación definitiva do Plan Especial do Parque Central-Centro Xeográfico de Galicia, que promove a Deputación de Lugo. Trátase do último trámite imprescindible para que a Deputación poida iniciar os traballos do proxecto que que dará como resultado o Parque Central de Galicia. “Será un elemento diferenciador a nivel turístico, un recurso único para promocionar o noso concello, xerando emprego e desenvolvemento económico”, asegura a alcaldesa, Pilar García Porto.


Publicidade

Por outra parte, o pleno procedeu á aprobación anticipada e urxente dos pliegos para a licitación das obras de reforma e mellora da eficiencia enerxética da Casa da Cultura de Antas de Ulla. “Grazas a isto, reducimos á metade os prazos da tramitación administrativa do proxecto”, engade García Porto, que sostén que “a obra pode estar adxudicada en dous meses e a actuación lista a finais do verán”.


Hai que lembrar que os fondos europeos que o anterior goberno local recibiu para as obras da Casa da Cultura hai exactamente un ano “destináronse ao pago de facturas atrasadas e outras partidas”.


Publicidade

“Ante esta situación, tiñamos dúas opcións: ou pedir un crédito para devolver os cartos ó ministerio ou pedir un crédito para executar a obra, que é o que fixemos”, remata Pilar García Porto. “Rematamos o ano polo tanto acelerando as tramitacións de dous proxectos claves para o futuro do concello, todo elo grazas a que o martes, 1 de xaneiro, entran en vigor os orzamentos municipais do 2024”, remata a alcaldesa, Pilar García Porto.


O Partido Popular abstívose no punto do Parque Central e votou en contra no caso da Casa da Cultura.



0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page