top of page

Ángeles Vázquez visita as actuacións desenvolvidas en Toques para o control da erosión debido aos lumes

Sinala que a Xunta actuou en preto de 11 quilómetros de pistas forestais do municipio co obxectivo de mellorar a seguridade dos núcleos de poboación


Ecos da Comarca/Toques

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, visitou onte as actuacións desenvolvidas en Toques para o control da erosión dos terreos e a mellora de infraestruturas nas zonas afectadas polos incendios forestais do pasado verán. A responsable autonómica explicou que o Goberno galego actuou en preto de 11 quilómetros de pistas forestais do municipio co obxectivo de mellorar a seguridade dos núcleos de poboación e reforzar o seu valor preventivo.

ree

A maiores, a conselleira puxo en valor as actuacións desenvolvidas por Augas de Galicia para evitar que as cinzas provocadas polos lumes cheguen aos ríos da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa, que son os da súa competencia.


No caso de Toques, Ángeles Vázquez explicou que no río Sendión se actuou en máis de 4,7 quilómetros. Entre outras accións, implantáronse albarradas na canle para reducir a velocidade da auga e reter posibles sedimentos e, ademais, restaurouse a canle en puntos onde se executaron cortalumes.


A titular de Medio Ambiente e Cambio Climático tamén lembrou que estas actuacións sobre o terreo se complementan coas dúas liñas de axudas convocadas polo seu departamento no marco do paquete de medidas aprobado polo Goberno galego para impulsar a reconstrución das zonas afectadas polos incendios do verán.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

A primeira delas está dirixida a concellos ou mancomunidades de montes para restaurar infraestruturas de uso público -sinais, carteis interpretativos, miradoiros, pasarelas ou varandas, entre outras- danadas polo lume en zonas da Rede galega de espazos protexidos e Reservas de biosfera. A segunda é para os titulares de Tecores co fin de cubrir os gastos de sementeira de cereais en terreos queimados e de reparar e repoñer instalacións danadas como refuxios, comedeiros para animais ou cercados, entre outras.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page