top of page

Amigos da Empanada da Bandeira inicia o petitorio popular para a Festa da Empanada

A asociación anima á veciñanza a ingresar a súa cota no banco e a aumentar a aportación "ante unha festa histórica"


Laura Moure/Silleda

Amigos da Empanada da Bandeira inicia o petitorio popular para a Festa da Empanada. A organización sen ánimo de lucro comeza hoxe a recadación popular de fondos para a XLVII Edición da Festa da Empanada, que se celebrará na Bandeira do mércores 16 ao domingo 20 de agosto. Trátase dunha das tarefas de maior complexidade posto que as persoas organizadoras teñen que visitar vivenda por vivenda nuns horarios moi reducidos e moitas veces en repetidas ocasións.

A directiva da Asociación no V Entroido de Verán

Para aliviar a carga de traballo das persoas voluntarias, a Directiva pediu á veciñanza realizar directamente o ingreso da cota na conta bancaria, o que permitirá dedicarlle máis tempo a mellorar a Festa da Empanada e perfeccionar as diversas actividades.

O número da conta bancaria da Asociación Amigos da Empanada é o seguinte: ES07 2080 5013 7230 0008 6620. Debendo indicar no concepto a palabra “cota” así como o nome, apelido e dirección da persoa que realiza o donativo. O ingreso tamén se poderá realizar de xeito presencial no Centro Cultural Vista Alegre de Bandeira do 7 ao 15 de agosto no seguinte horario: de 18:00 a 21:30 (luns a venres) e de 12:00 a 14:00 h (sábados). Outra das opcións sería poñerse en contacto a través do WhatsApp da asociación (621 08 71 17) para concertar unha cita de visita no domicilio.

Andrés Seoane, presidente de Amigos da Empanada, confía en mellorar os resultados tras o enorme traballo que ao longo do ano realizou o seu pequeno equipo: “É unha Festa da Empanada histórica cun cartel sen precedentes e cunha complexa campaña a nivel nacional. Por este motivo, agardamos que este ano aumente a cantidade de persoas colaboradoras e tamén as aportacións de todos os veciños e veciñas ".

Cabe recordar que Amigos da Empanada encárgase da organización dos cinco días da completa programación cultural, musical e gastronómica da Festa da Empanada pero tamén dos diversos eventos realizados ao longo do ano como a Gala da Empanada, o Recuncar da Bandeira, o Entroido de Verán, o San Cristovo, os Bingo empanada etc.


NOTICIA RELACIONADA:

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page