top of page

Altri segue o exemplo de Cobre San Rafael... e empeza aparecer nos carteis das festas galegas

Ecos da Comarca/Xeral

Os nosos seguidores non perden detalle! E hoxe un deles enviounos un cartel dunha festa: a de Meirama, Cerceda, lonxe das nosas comarcas, un cartel que non deixa de ser outro máis das nosas romarías galegas... ata que continúas vendo as agrupacións que amenizarán o festexo... todo correcto, nada raro, e... agora entendes cando estás chegando ao final o motivo polo que o noso seguidor nos enviou este cartel en concreto... 😳😳😳 Altri, a empresa que pretende instalar unha celulosa nas nosas comarcas, en concreto en Palas de Rei, pero que tamén afectará a outros concellos da nosa contorna, e a toda Galicia, tamén aparece no cartel! Polo tanto, vemos que empeza a seguir o exemplo de Cobre San Rafael, a empresa que está detrás da reapertura da mina de Touro, e que leva tempo patrocinando distintos festexos e equipos deportivos.


Cabe mencionar que ambos proxectos están tendo unha gran oposición social. Así que Altri, a empresa que unha gran maioría da veciñanza galega rexeita polo seu proxecto industrial altamente cuestionado e tal e como desmostraron as manifestacións multitudinarias, agora descubriu a fórmula máxica para gañar simpatías: patrocinar festas populares.


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Xa non son unha ameaza ambiental? Como afirman moitos expertos na materia.... agora son os mecenas da tradición. Que segue? Un premio ao gaiteiro máis rendible? O "San Xurxo da Celulosa"?


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Mentres a xente se mobiliza, protesta e defende a terra, Altri trae pancartas e confeti. Porque se non podes limpar o teu proxecto... polo menos limpa a túa imaxe!



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page