top of page

Altri presenta alegacións contra o arquivo do seu proxecto de Palas de Rei

Ulloa Viva exixe á Xunta “que denegue xa a autorización a esta macrocelulosa"


Ecos da Comarca/ A Ulloa

Greenfiber, filial de Altri, presentou alegacións ante a Consellería de Economía e Industria contra o arquivo da fábrica proxectada para instalar no municipio de Palas de Rei. A empresa emitiu este martes un comunicado. Xusto mañá, 20 de maio, finalizaba o prazo de tres meses para presentar alegacións que abriu a Xunta co inicio do procedemento de arquivo. A Plataforma Ulloa Viva esixe á Xunta que "denegue xa a autorización a esta macrocelulosa"

A Plataforma Ulloa Viva, diante das alegacións presentadas e anunciadas hoxe por parte de Altri ao anuncio do arquivo do proxecto Gama pola Xunta de Galicia, exixe de novo ao goberno galego “a denegación xa” das autorizacións administrativas pendentes e en tramitación para a macrocelulosa en Palas de Rei porque “sobran datos técnicos para facelo e porque nunca acadará licenza social”. “Ningunha sorpresa” para Ulloa Viva coñecer a presentación de alegacións contra o arquivo, “Altri é unha empresa que minte e vai facer o que faga falta para conseguir o seu obxectivo, que non é outro que converter

os recursos de todas en cartos para eles”, afirmou hoxe Marta Gontá, voceira de Ulloa Viva.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Criticou Gontá que “desde o principio sabemos que á empresa dálle igual o río Ulla, A Ría de Arousa ou mesmo enfermar á poboación, porque veñen aquí a facer cartos”. Diante deste novo escenario aberto nunha loita de case catro anos das veciñas e veciños da Ulloa, o Deza, Arzúa e Terra de Melide “defendendo a nosa terra, a nosa identidade e asegurando saúde e futuro para as nosas fillas e fillos”, a Plataforma Ulloa Viva reafírmase en que “continuamos na loita e imos chegar ata o final, gañará a vida”. Neste senso, Ulloa Viva lembra que ten en marcha unha campaña de recollida de sinaturas para exixir á Xunta de Galicia a denegación do proxecto, “Rematemos nós” co proxecto de Altri. Miles de persoas sumáronse xa a esta recollida de sinaturas, e moitas máis o seguirán facendo até o seu remate o vindeiro mes de xuño.


A Plataforma Ulloa Viva critica o “descaro” de Greenfiber -Altri e Smarttia- ao pedir no seu comunicado feito público hoxe “lealdade e cooperación” por parte das administracións públicas para a tramitación da súa macrocelulosa. Diante disto, Marta Gontá sinalou que “o que pedimos as veciñas e veciños é esa lealdade á administración para nós, para que nos protexa e protexa o noso modelo e calidade de vida”. Asegura Gontá que “o que queremos é que dunha vez por todas nos protexan do espolio de recursos e de quen quere obrigarnos a vivir peor, implantando unha industria que nin pedimos, nin queremos, nin necesitamos”.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Desde Ulloa Viva consideran que “a Xunta non pode ser cómplice de abrir unha ferida no corazón de Galicia por 75 anos, non o imos permitir”.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page