top of page

Alertan dun vehículo "abandonado" dende hai meses no casco urbano de Melide

Ecos da Comarca/Melide

ree

Calquera que pase pola Avenida de Toques e Friol en Melide non lle pasa desapercibido un vehículo estacionado. Está mal aparcado e xusto non ten a roda dianteira que dá para a beirrarúa. Ademais, se te fixas no seu interior dá a sensación de que está abandonado, e incluso, só están os cables da radio, algo que provoca preguntas entre os viandantes.


Tras consultar fontes oficiais, comunicáronos que este vehículo leva estacionado nesa posición e lugar aproximadamente dende inicios do pasado mes de xullo. Agora terá que ser as autoridades pertinentes as que procedan a súa retirada.

Cabe mencionar que abandonar un vehículo na vía pública está considerado unha falta grave que conleva unha sanción. Segundo o artigo 106 de la Ley de Seguridad Vial, a autoridade competente de tráfico poderá ordenar a destrución e descontaminación do vehículo, trasladándolo a un Centro Autorizado de Tratamiento (CAT) ante diferentes situacións.

ree

Tal e como recolle nun artigo o Real Automóvil Club de España (RACE) considérase que un coche está abandonado cando:

  • Foi retirado da vía pública, ou ben inmovilizado, e non se fixo alegacións nin se recuperou o vehículo nos dous meses seguintes.

  • Cando permaneza estacionado máis dun mes con signos claros de deterioro e abandono ou sen placas de matrícula.

  • Cando por avería ou accidente, o vehículo foi trasladado a un depósito e no prazo de dous meses o seu titular non o recuperou.

Multas

Abandonar un coche, moto ou calquera outro vehículo na rúa considérase unha falta grave que conleva multas de entre 751 a 1.500 euros, ás que se poden engadir multas coercitivas ata un máximo de 3.000 euros.

ree
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Todos os gastos que se orixinen como consecuencia da inmobilización e retirada do vehículo (custos do traslado no guindastre e estancia no depósito municipal) serán por conta do condutor infractor, ou na súa falta, polo condutor habitual, arrendatario ou o titular, como último responsable.


Ademais, se a Consellería de Medio Ambiente do teu concello ten que tomar cartas no asunto por considerar o vehículo un residuo nocivo para a saúde e o medio ambiente, a multa por abandonar un vehículo podería ascender a 30.000 euros.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page