Alertan dun vehículo "abandonado" dende hai meses no casco urbano de Melide
Ecos da Comarca/Melide

Calquera que pase pola Avenida de Toques e Friol en Melide non lle pasa desapercibido un vehículo estacionado. Está mal aparcado e xusto non ten a roda dianteira que dá para a beirrarúa. Ademais, se te fixas no seu interior dá a sensación de que está abandonado, e incluso, só están os cables da radio, algo que provoca preguntas entre os viandantes.
Tras consultar fontes oficiais, comunicáronos que este vehículo leva estacionado nesa posición e lugar aproximadamente dende inicios do pasado mes de xullo. Agora terá que ser as autoridades pertinentes as que procedan a súa retirada.
Cabe mencionar que abandonar un vehículo na vía pública está considerado unha falta grave que conleva unha sanción. Segundo o artigo 106 de la Ley de Seguridad Vial, a autoridade competente de tráfico poderá ordenar a destrución e descontaminación do vehículo, trasladándolo a un Centro Autorizado de Tratamiento (CAT) ante diferentes situacións.

Tal e como recolle nun artigo o Real Automóvil Club de España (RACE) considérase que un coche está abandonado cando:
Foi retirado da vía pública, ou ben inmovilizado, e non se fixo alegacións nin se recuperou o vehículo nos dous meses seguintes.
Cando permaneza estacionado máis dun mes con signos claros de deterioro e abandono ou sen placas de matrícula.
Cando por avería ou accidente, o vehículo foi trasladado a un depósito e no prazo de dous meses o seu titular non o recuperou.
Multas
Abandonar un coche, moto ou calquera outro vehículo na rúa considérase unha falta grave que conleva multas de entre 751 a 1.500 euros, ás que se poden engadir multas coercitivas ata un máximo de 3.000 euros.
Todos os gastos que se orixinen como consecuencia da inmobilización e retirada do vehículo (custos do traslado no guindastre e estancia no depósito municipal) serán por conta do condutor infractor, ou na súa falta, polo condutor habitual, arrendatario ou o titular, como último responsable.
Ademais, se a Consellería de Medio Ambiente do teu concello ten que tomar cartas no asunto por considerar o vehículo un residuo nocivo para a saúde e o medio ambiente, a multa por abandonar un vehículo podería ascender a 30.000 euros.