top of page
Perruquería Marisa.gif

Alertan de chamadas "sospeitosas" a casas do municipio de Silleda

Ecos da Comarca/Silleda

Un veciño de Silleda pide difusión para alertar, especialmente, aos nosos maiores dunhas chamadas moi sospeitosas. "Chaman facendo unha encuesta; preguntan datos como se viven sós... e ao final dinlles que por contestar lles regalan unhas plantillas".

Esta foi a chamada que recibiu esta semana o seu sogro que reside na localidade silledense da Bandeira. "O peor de todo é que ao día seguinte apareceron dous homes preguntando polo propietario e querendo entrar para a casa", indica este silledense que lle dá máis que desconfiar e cre que non se trata dunha casualidade, senón de obter información para saber en que casas viven só maiores para poder despois "aproveitarse".


Denunciar

O teléfono deste home é dos antiguos e así non puideron comprobar dende que número o chamaran, tal e como nos conta o seu xenro. "Se alguén lle pasa iso que avise á Garda Civil", aconsella este lugareño. Eles xa o puxeron en coñecemento dunha parella de Garda Civís que xusto andaban ese día pola zona.


Cabe mencionar que este veciño difundiu esta situación nas redes sociais e houbo ao menos outras dúas persoas que confirmaron que elas recibirán chamadas semellantes estes días.

773 visualizaciones0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page