top of page

Alberte Lamazares propón unha actualización do orzamento municipal de Rodeiro

Ecos da Comarca/Rodeiro

O responsable da Área Económica do Concello de Rodeiro, Alberte Lamazares, considera que, unha vez equilibrada a situación económica herdada e a espera concluir a Relación

de Postos de Traballo (RPT) impulsada polo actual executivo, é mais operativo aprobar unha actualización orzamentaria que un novo orzamento para o ano 2025. "Ese é o motivo polo que convocamos para este venres un pleno extraordinario para dita actualización", sinala.


Debe recordarse, apunta, "que a aprobación dunha RPT é obrigatoria por lei e que en Rodeiro estaba sen realizar ao igual que outras moitas cousas. A súa finalización suporá modificar unha parte importante das partidas do futuro orzamento; polo tanto, carecería de sentido presentar agora un documento para o ano 2025 e outro no mes de xaneiro para o ano 2026 con novas actualizacións".

Alberte Lamazares.
Alberte Lamazares.

"Consideramos máis práctico actualizar un ano máis o orzamento en vigor e presentar o orzamento de 2026 con ingresos suficientes, débeda herdada equilibrada e os pertinentes axustes técnicos para poder afrontar un fin de lexislatura cunha forte consolidación en canto a proxectos executados, melloras en acesos e servizos públicos e sociais incrementados. Actualizar o orzamento é unha ferramenta de grande utilidade, xa que, como será o caso, imos incrementar recursos en 26 partidas e xerar unha nova. Debe terse en conta que o orzamento actual contén arredor de 60 partidas e, co conxunto de actualizacións realizadas ao longo deste ano, actualizáronse máis de 35".


E indica que para visualizar a importancia deste traballo, "destacamos os resultados máis

salientables:

  • Coas diferentes modificacións de crédito acadáronse axudas para a contratación de persoal socorrista para a piscina municipal; para a adquisición dunha varredora viaria; para a pavimentación do camiño municipal A Torre –Axiaz; para a mellora do camiño Ourín – Asperelo; para a restauración do treito urbano do río de Rodeiro; para a implantación dunha planta de xeración fotovoltaica para autoconsumo colectivo; e para a mellora da capa de rodadura nos camiños de San Xoán de Camba e A Portela.

  • Coa modificación de crédito núm. 9, que se propón mediante esta memoria, pretendemos modificar 24 partidas, que, sobre todo afectan a atención social, cultura e o deporte, a mellora de pistas e accesos entre outros, tal e como se

    detalla a continuación".


"As partidas vinculadas ao Capítulo I increméntanse para poder facer fronte ás nóminas do persoal municipal, debido ao desfase existente entre o orzamento vixente e a realidade actual".


Os suplementos de crédito do Capítulo II destínanse a gastos correntes en bens e servizos. Destaca:

  • Atención a persoas con dependencia: increméntase a partida en 40.000 euros. "Destacar que actualmente todas as persoas con grao 3 e 2 están atendidas, deixando atrás épocas nas que se atendía con dificultade incluso os graos máis altos".

  • Cultura: increméntase en 20.000 euros, acadando unha partida total de 75.000 euros. "A modo comparativo, no ano 2019, último exercicio completo liderado pola actual portavoz do PP de Rodeiro, o gasto comprometido nesta mesma partida foi de 95.345,81 euros, o que evidencia a boa xestión realizada nos últimos anos xa que é fácil visualizar o gran dinamismo que hoxe ten Rodeiro con eventos tan relevantes coma O Sabor Labrego e a Feira da Vaca Rubia do País", explica Lamazares.

  • Mellora de pistas e camiños: increméntanse 80.000 euros. Durante esta lexislatura estase a facer un grande esforzo na mellora dos accesos ás aldeas, revertendo o abandono existente en etapas anteriores. "Cómpre destacar o acordo coa Mancomunidade Terras do Deza que permite dispoñer da maquinaria mancomunada o dobre de días que en exercicios previos, o que supón arranxar o dobre de camiños de zahorra, imprescindibles para o sector primario. Isto, sumado á nova maquinaria adquirida polo Concello, facilita un servizo máis eficaz ás aldeas".

  • Ademais, as partidas 920 relacionadas co funcionamento diario da administración local, suministros, comunicacións, material de oficina, tributos, gastos diversos, proxectos, etc., increméntanse en 203.000 €.


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

As partidas propostas no Capítulo III destinanse a colaboración coas asociacións culturais e deportivas, cuxo labor é esencial para o dinamismo social da localidade. "Por segundo ano consecutivo, a suma total de axudas ascende arredor de 58.000 €, fronte aos aproximadamente 40.000 € da etapa anterior. Isto demostra tamén o valar da actualización do orzamento xa que, con ela, cumprimos co 100% dos compromisos adquiridos"


CAPÍTULO IV

"Proponse suplementar a partida 945/463, destinada ao financiamento da Mancomunidade Terras do Deza, permitindo manter o incremento de días de uso da maquinaria para arranxo de pistas de zahorra".


CAPÍTULO VI

O suplemento desta partida destínase ao arranxo da pista que discorre entre o

polígono e Álceme.


CRÉDITO EXTRAORDINARIO

"Xérase crédito extraordinario para mellorar as condicións dunha das traídas de augas do casco urbano, que se atopaba nunha situación moi deficiente e con risco sanitario", sinala o concelleiro.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

RESUMO ECONÓMICO

 Total suplementos de crédito: 556.356,47 €

 Total crédito extraordinario: 9.448,75 €

 TOTAL EXPEDIENTE: 565.805,22 €

Financiamento:

 Remanente municipal: 365.805,22 €

 Maiores ingresos (IBI urbana): 200.000,00 €


"Estes maiores ingresos proveñen da actualización catastral de parcelas clasificadas como urbanas polo PXOM, documento que non foi actualizado polo anterior executivo e que este goberno considera prioritario revisar nesta lexislatura", explica.


Ante todo isto solicita:

  • Primeiro. Tramitar o expediente de modificación de crédito sobre o orzamento

    xeral do Concello para o exercicio 2017, prorrogado para o exercicio 2025, co detalle económico que se recolle anteriormente.

  • Segundo. Solicitar ao secretario-interventor a emisión dos informes preceptivos.

  • Tercero. Incluir a aprobación do expediente na vindeira sesión plenaria, previo

    ditame da Comisión Especial de Contas.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page