top of page

Alba Forno volverá optar á Alcaldía en 2027: “É o momento de abrir unha nova etapa en Lalín”

18 sept
2 min de lectura

A presentación pública terá lugar o venres 25 de setembro no Centro Sociocultural do Manuel Rivero


Ecos da Comarca/Lalín

Alba Forno volverá ser candidata á Alcaldía de Lalín nas eleccións municipais de 2027. A actual voceira municipal e secretaria xeral socialista dá así o paso para encabezar por segunda vez a candidatura do PSdeG-PSOE, despois de facelo por primeira vez en 2023 e afronta este novo reto “coa experiencia acumulada durante os últimos anos” e “co obxectivo de abrir unha nova etapa no Concello de Lalín”.

 

“Hai catro anos asumín este reto con moitísima ilusión. Hoxe fágoo con esa mesma ilusión, pero tamén con máis experiencia, coñecendo moito mellor Lalín e tendo aínda máis claro todo o que podemos facer”, sinala Forno.

 

A súa candidatura nace ademais do consenso do socialismo lalinense, coa vontade de iniciar unha nova etapa e construír un proxecto aberto á participación de novas persoas. Forno asegura que estes anos de traballo municipal lle permitiron coñecer con maior profundidade a realidade do concello “pero tamén comprobar a enorme cantidade de posibilidades que aínda temos por aproveitar”.

  PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A candidata afronta esta nova etapa coa intención de poñer no centro ás persoas e as oportunidades para desenvolver un proxecto de vida no municipio. “Queremos un Lalín no que vivir, no que quedar e ao que coidar. Un concello que pense na xente e nos seus problemas reais, que coide as persoas, os seus servizos e todo aquilo que compartimos”, explica.

  PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Forno avanza que os próximos meses seguirán marcados pola presenza na rúa e polos encontros coa veciñanza e co tecido social e económico de Lalín. “Queremos seguir falando con moita xente, tamén con persoas que pensan diferente a nós. Escoitar, aprender e construír un proxecto no que poidan participar todos e todas”, sinala.

 

A candidata explicará os motivos polos que volve dar o paso e avanzará as primeiras ideas deste novo proxecto o próximo venres 25 de setembro, ás 20:30 horas, no acto de presentación pública da súa candidatura, que terá lugar no Centro Sociocultural do Manuel Rivero, nun acto aberto á veciñanza.

  PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

“Chego a este momento con máis experiencia, pero tamén sabendo que queda moito por escoitar, por construír e por facer. O día 25 quero compartir con Lalín por que creo que é o momento de abrir unha nova etapa”, conclúe Alba Forno.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page