top of page

Alba Forno reclama iniciativas municipais para favorecer a integración das persoas migrantes

A concelleira socialista de Lalín reuníuse con Carabelo e destaca a gran labor que desenvolven desde este colectivo


Ecos da Comarca/Lalín

O PSOE de Lalín, na súa ruta de encontros con colectivos do concello, mantivo unha reunión coa Asociación Carabelo na que se puxo sobre a mesa a necesidade de que o Concello impulse iniciativas que favorezan a integración do colectivo de persoas migrantes, que representan unha parte moi importante da poboación de Lalín. A voceira socialista, Alba Forno, e o concelleiro Mario López estiveron con membros da directiva para coñecer de primeira man todas as súas necesidades, ademais de poñer en valor o gran traballo que desenvolve este colectivo.

Nesta reunión, dende a asociación mostraron a súa preocupación pola redución das axudas destinadas as entidades sen ánimo de lucro. Neste sentido, Forno destacou o grande esforzo que fan por desenvolver actividades que lle permitan financiar toda a súa actividade, “de non ser por isto, con 1.500 euros que reciben do Concello, non poderían levar a cabo tantos proxectos”. Por isto, reclama que as axudas a asociacións deberían ter uns baremos máis controlados, e non recurtarlles a colectivos que levan a cabo unha actividade tan importante como a integración de persoas.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Tamén se abordou na reunión a problemática da vivenda, “algo que xa coñecemos, xa falamos disto e xa fixemos propostas, pero parece que ao Goberno non lle interesa traballar por unha solución”, indica Forno. Segundo explicaron, as persoas migrantes non atopan vivendas para poderse instalar en Lalín, aínda tendo garantías de traballo e un soldo digno. “Queremos que a xente aposte por Lalín, traballe na nosa vila e achegue, pero non lles facilitamos o máis esencial, que é un espazo onde vivir”, reclama a concelleira.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Carabelo propón que dende o Concello se impulsen propostas de integración reais para facilitar a convivencia. Un pobo verdadeiramente forte e cohesionado é aquel que fai da integración unha prioridade. Por iso, é fundamental que o Concello impulse políticas activas que favorezan a plena inclusión das persoas inmigrantes en todos os ámbitos da vida social, educativa, laboral e cultural.


"A integración non só beneficia a quen chega na procura de novas oportunidades, senón que fortalece o conxunto da sociedade, fomenta a convivencia, reduce as desigualdades e enriquece o tecido comunitario Apostar por unha integración real significa garantir a igualdade de oportunidades, promover o respecto mutuo e construír unha cidade onde todas as persoas, con independencia da súa orixe, poidan desenvolver o seu proxecto de vida con dignidade e participar plenamente na comunidade".

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Por isto, a voceira socialista pide ao Concello que traballe por unha maior integración e que o faga “man a man cun colectivo tan relevante como Carabelo”.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page