top of page

Alba Forno pídelle explicacións a Crespo por un novo episodio de verteduras no río Asneiro, en Botos

“Lalín non pode seguir normalizando a contaminación dos seus ríos”, recalca a voceira socialista deste municipio


Ecos da Comarca/Lalín

A voceira municipal socialista de Lalín, Alba Forno, reclamou onte explicacións urxentes ao goberno municipal de José Crespo tras a aparición dun novo episodio de verteduras contaminantes no río Asneiro, á altura de Botos. Para a portavoz, este novo episodio "non é un feito illado, senón un síntoma máis dun problema ambiental que o Partido Popular leva máis de dúas décadas sendo incapaz de resolver".

Vertedura no río Asneiro en xaneiro de 2026.
Vertedura no río Asneiro en xaneiro de 2026.

"Lalín non pode seguir normalizando a contaminación dos seus ríos”, advertiu, sinalando que “o realmente preocupante é que estas noticias xa non sorprenden a ninguén, porque ano tras ano volvemos ver as mesmas imaxes e o goberno do PP é incapaz de poñer unha solución definitiva", afirmou Forno.

 

Así, lembrou que nos últimos anos o Concello "foi sancionado en múltiples ocasións por Augas de Galicia por verteduras relacionadas coas estacións depuradoras municipais, acumulando miles e miles de euros en multas" que, denuncia, "acabamos pagando entre todos os veciños e veciñas".

  PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Con todo, considera que “o máis grave non son as sancións económicas, senón o dano ambiental continuado que estamos causando aos nosos ríos”. “Ese dano non se mide en euros, mídese na perda de calidade das augas, na degradación dos ecosistemas e na imaxe que proxectamos dun concello que debería ser un referente pola riqueza do seu patrimonio natural", sinala.


  PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

 A portavoz socialista reclama ao goberno de Crespo a que explique con total transparencia a orixe desta nova vertedura, os seus efectos, as medidas adoptadas ata o momento e que actuacións pensa impulsar para evitar que situacións como esta volvan repetirse.


"O Concello non pode limitarse a pagar unha multa cada vez que hai unha vertedura e non facer máis nada, pois  levamos máis de vinte anos de problemas recorrentes, o que fai falta é unha solución definitiva”, engade.

  PUBLICIDADE

Preme na imaxe e contacta con nós!
Preme na imaxe e contacta con nós!

Forno cuestiona a falla de políticas ambientais reais no goberno do PP, sinalando que “non lles interesa situar a protección ambiental como unha prioridade política real porque non dá votos”. Finalmente subliña que “de nada serve que Crespo teña contratado un asesor para recoller lixo das cunetas e cortar a herba das medianeiras, mentres o Concello contamina pola porta de atrás os nosos ríos”. 

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page