top of page

Alba Forno pide retirar a prohibición de acceso de menores de 13 anos á biblioteca municipal de Lalín

“Se un menor de 13 anos entra só na biblioteca, que van facer? Van expulsalo? Van

chamar á Policía? En base a que norma?”, pregunta


Ecos da Comarca/Lalín

O PSdeG-PSOE de Lalín solicítalle ao goberno local a retirada inmediata do aviso colocado na biblioteca municipal que impide que menores de 13 anos poidan facer uso das instalacións sen estar acompañados por un adulto. A secretaria xeral do PSOE de Lalín e portavoz municipal, Alba Forno, considera que esta decisión "resulta incomprensible e contraditoria co propio espírito das políticas públicas, cuxo obxectivo é precisamente facilitar o acceso á cultura, á información e á lectura desde idades temperás".

“Falamos dun servizo público esencial para o acceso á cultura, á lectura e ao estudo, polo que a biblioteca debe ser un espazo aberto para toda a cidadanía e especialmente para a infancia e a mocidade”, sinalou. Forno lembrou que a Lei 10/2007 da Lectura, do Libro e das Bibliotecas establece que as administracións públicas deben garantir o acceso ás bibliotecas en condicións de igualdade e sen discriminación por razón de idade e, polo tanto, o Concello de Lalín está a incumprir a Lei.

  Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

“Mentres as políticas públicas traballan para achegar os nenos e nenas ás bibliotecas, en Lalín colócase un aviso que lles impide entrar sós. É un contrasentido absoluto”, advertiu.  A portavoz socialista subliñou ademais que non existe ningunha ordenanza nin regulamento municipal que estableza esta limitación, "polo que resulta inaceptable e improcedente queque se restrinxa o acceso a un servizo público simplemente mediante un cartel".


“Se un menor de 13 anos entra só na biblioteca, que van facer? Van expulsalo? Van chamar á Policía? En base a que norma?”, pregunta Forno.

  PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

Por iso, o PSdeG-PSOE pídelle explicacións inmediatas á concelleira de Cultura, Begoña Blanco, e que aclare se foi ela ou outra persoa quen tomou esta decisión, en base a que normativa se adopta e cal é o procedemento que se pretende aplicar.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page