top of page

Alba Forno pide máis previsión para adiantar a apertura das piscinas e do Pozo do Boi ante a calor

A voceira socialista de Lalín considera un erro manter o 1 de xullo como referencia para a

apertura das instalacións de baño cando as altas temperaturas chegan cada vez antes


Ecos da Comarca/Lalín

A voceira do PSOE de Lalín, Alba Forno, lamenta que o Concello continue sen abrir as súas zonas públicas de baño cando xa se están rexistrando temperaturas propias do verán e cando milleiros de veciños e veciñas, especialmente nenos e mozos, están a piques de rematar o curso escolar e comezar o período vacacional.

Pozo do Boi, en Vilatuxe, en Lalín.
Pozo do Boi, en Vilatuxe, en Lalín.

“Coñecemos que o Concello segue á espera dun informe de Augas de Galicia para poder acometer traballos de limpeza no Pozo do Boi, pero o problema non é agardar por un informe, senón que todos os anos chegamos ás mesmas datas sen ter preparadas unhas instalacións que son fundamentais para o lecer e para facer fronte ás vagas de calor que veñen cada vez máis cedo”, sinala Forno.


A concelleira socialista considera que o goberno municipal debería actuar con maior previsión e anticipar os trámites necesarios para que tanto o Pozo do Boi como as piscinas municipais poidan abrir antes do mes de xullo. “Se sabemos que é preciso solicitar autorizacións, realizar limpezas ou acometer tarefas de mantemento, non ten sentido agardar ata última hora para poñelas en marcha”, sinala.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Forno lembra ademais que o Grupo Socialista xa reclamou en anteriores ocasións un adianto na apertura destas instalacións. “Levamos anos advertindo de que fixar sistematicamente o 1 de xullo como data de apertura é un erro. As clases rematan e os episodios de calor intensa chegan xa en xuño, polo que as familias demandan alternativas de lecer e refrixerio moito antes desa data”, afirmou e engadiu que ademais xa se están organizando actividades por parte de colectivos en na Praia fluvial de Pozo do boi, polo que xa se debería contemplar tela dispoñible”.


A voceira socialista considera que o Concello debe adaptar a planificación dos seus servizos á nova realidade climática e social. “Non podemos seguir funcionando cos calendarios de hai vinte anos cando as condicións actuais son completamente diferentes. O que demandan os veciños e veciñas é poder desfrutar destas instalacións cando realmente as necesitan”, engadiu.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe e contacta con nós!
Preme na imaxe e contacta con nós!

Por iso, o PSOE de Lalín insta ao goberno local a revisar o modelo actual de xestión e planificación para que nos próximos anos as piscinas municipais e o Pozo do Boi poidan estar operativos antes, en canto comecen os periodos de calor. “Os veciños non entenderían que, unha vez máis, a falta de previsión administrativa impida dispoñer duns servizos tan demandado sprecisamente cando máis falta fai”, concluíu Alba Forno.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page