Alba Forno mantuvo un encontro con Bolarqueiros de Noceda para coñecer as súas necesidades
- ecosdacomarca

- 4 jul
- 2 min de lectura
Ecos da Comarca/Lalín
O PSOE de Lalín, na súa ruta de encontros con colectivos do concello, mantuvo unha reunión coa Asociación Bolarqueiros de Noceda. Nesta cita, a voceira socialista, Alba Forno, acompañada doutros mentros do partido, puxo en valor o gran traballo que fai este colectivo: “Ten numerosas actividades durante todo o ano, dálle moita vida ao rural e fai porque esta parroquia e a contorna sexan de interese para a veciñanza e foráneos”.

Nesta cita, dende a asociación mostraron a súa preocupación pola problemática da vivenda e o paulatino abandono no rural, xa que hai menos persoas que aposten por
facer unha vida no rural. “Por iso, piden que se tomen medidas para fomentar a
aposta polo rural, con plans de vivenda efectivos”, indica Forno.
PUBLICIDADE
A isto súmanlle que o transporte público tamén podería ser un incentivo para que a xente tivese interese por vivir nas aldeas, por iso, “é preciso considerar que haxa liñas que pasen por vías como a que transcorre por esta parroquia con horarios que sexan efectivos”.
Outra das problemáticas é o saneamento, o cal chegou a tres lugares da parroquia pero nos cales a veciñanza non se pode conectar. “Este problema xa o puxemos de manifesto por outras parroquias, e vese que aquí chegou a poucos sitios e nos que está, non serve de nada se non teñen acceso as vivendas desas zonas”, detalla.
PUBLICIDADE
Así mesmo, mostraron a súa preocupación porque a concentración parcelaria, iniciada no 2001, se alongue moito máis. Aínda pasaron o primeiro proceso de alegacións, “no cal fixeron solicitude de diferentes masas comúns, as cales poderían estar empregando para darlle máis vida á parroquia e tamén ao propio concello, porque toda a actividade que se fai no rural, é vida para Lalín”, resalta a voceira socialista. Neste sentido, engade que o apoio económico ao colectivo se debe aumentar, xa que o seu proxecto “leva a cabo moitas dinamizacións que necesitan apoio”.
PUBLICIDADE
A estes problemas, engádense as limpezas que demandan en todas as parroquias, o asfaltado e o mantemento das infraestruturas. A voceira socialista afirma que estes encontros “son moi enriquecedores, porque poñen de manifesto as múltiples necesidades que aínda están sen cubrir”.









Comentarios