top of page

Agolada traballa na área recreativa de Brocos onde na primavera investirá uns 100.000 euros

“Queremos convertela na mellor área recreativa da comarca de Deza, incluso da Galicia interior”, recalca o alcalde, Luis Calvo


Ecos da Comarca/Agolada

Os operarios municipais de Agolada traballan estes días no acondicionamento da área recreativa da parroquia de Brocos. O alcalde, Luis Calvo, avanza que en primavera está previsto unha importante inversión neste lugar.


Estes días o Concello está traballando na limpeza, retirada de árbores e arbustos secos e no nivelado de varios tramos para a zona de baño. Este martes o rexedor e o concelleiro de Obras, Pedro García, estiveron supervisando a actuación.

Ademais, en vindeiros meses acondicionarase o vial de acceso á área recreativa. “O proxecto xa está acabado e agora está a espera da licitación”, indica o mandatario.


O equipo de goberno do PAYJ traballa nun proxecto importante de acondicionamento desta área. “Pretendemos dotala de distintos servizos, mellorar os accesos e convertela na área recreativa máis importante de toda a comarca, incluso, da Galicia interior”, recalca o mandatario, quen avanza que está previsto realizar esta actuación en primavera e que contará cunha inversión duns 100.000 euros. Nos vindeiros meses darase todos os detalles deste proxecto.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page