Agolada mellorará a eficiencia enerxética do centro de saúde cunha axuda da Xunta de 120.000 euros
- ecosdacomarca

- hace 42 minutos
- 1 Min. de lectura
A subvención permitirá mellorar a calefacción e o illamento do edificio, ademais de
instalar novos puntos led
Ecos da Comarca/Agolada
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou onte o centro de saúde do concello de Agolada con motivo das obras de mellora da eficiencia enerxética que se levarán a cabo nos próximos meses.

Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Así, o concello conta cunha achega da Xunta de preto de 120.000 euros, o que supón o 80% do investimento total, que permitirá realizar varias actuacións clave. Por un lado, renováronse as luminarias, substituíndo as antigas por novos puntos de luz led de baixo
consumo e instalarase un sistema de regulación da intensidade da luz. Ademais,
mellorouse a climatización e o illamento do edificio, colocando novas fiestras, unha
envolvente térmica e actuando sobre o pavimento e o tellado. Por último, instalarase un
novo sistema de climatización que permitirá un importante aforro enerxético.
Publicidade
O delegado territorial aproveitou a visita para lembrar a importancia de “diminuír os gastos
correntes dos concellos, o que permite que se gasten os recursos municipais en outras
necesidades dos veciños e veciñas”.
Publicidade
Cabe destacar que o financiamento desta obra encádrase na Estratexia de cambio
climático e enerxía 2050 e no marco do Programa Feder Galicia 2021-2027, que ten como
obxectivo contribuír á redución das emisións de gases de efecto invernadoiro e á
mitigación dos efectos do cambio climático.








Comentarios